top of page

FISIOCRITIC

Logo Fisiocritic png.png

O subgrupo FisioCRITIC: Fisioterapia en Unidades de Críticos nace para aglutinar a experiencia e coñecemento dos profesionais que se dedican ao traballo co paciente crítico nos ámbitos asistencial, docente e de xestión. ​

 

A pandemia ocasionada polo SARS- CoV-2 puxo no foco mediático o labor que os fisioterapeutas galegos levan desenvolvendo durante anos, e se pretende coa creación deste grupo aproveitar este altofalante para xerar evidencia dos beneficios deste traballo, así como establecer pontes con outras sociedades científicas que teñen relación cos pacientes críticos. ​

 

Entre os obxectivos deste subgrupo están o xerar coñecemento sobre temas referentes ao paciente crítico e colaborar con outras Sociedades Científicas que desenvolvan o seu labor científico en torno ao paciente crítico, así como asesorar e participar nas actividades de SOGAFI relacionadas con esta área de coñecemento.

Documentos relacionados

 

bottom of page